RIESGO DE INCENDIO

O Concello urxe á limpeza de solares e fincas próximos ás vivendas

As autoridades municipais lembran que estes propietarios dispuñan de prazo ata o pasado 30 de xuño para efectuar as tarefas de desbroce

O Concello do Carballiño solicita unha vez máis a colaboración veciñal para manter limpos os solares e fincas próximos a vivendas habitadas. Así, dende as concellerías de Medio Ambiente e Medio Rural sulíñase que esta medida obrigatoria para os propietarios dos terreos adquire maior relevancia durante estes días, nos que as altas temperaturas incrementan o risco de incendios.

As autoridades municipais lembran que estes propietarios dispuñan de prazo ata o pasado 30 de xuño para efectuar as tarefas de desbroce, según o bando no que se advirte da imposición de sancións en caso de incumpremento.

Te puede interesar