OURENSE

Cinco concellos da área serán zonas de prioridade polo xabaril

<p></p>
photo_camera Danos causados polo xabarín nas piscinas de Taboadela, en decembro.

Os concellos de Toén, Vilamarín, San Cibrao das Viñas, A Peroxa, Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín son os municipios da área metropolitana incluídos no listado

A nova orde de axudas da Xunta de Galicia para combater os danos para o xabaril inclúe o listado dos concellos que son considerados de actuación prioritaria na loita contras os danos causados polo xabarín.

Os concellos de Toén, Vilamarín, San Cibrao das Viñas, A Peroxa, Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín son os municipios da área metropolitana incluídos no listado.

Grazas a esta catalogación dentro dos concellos "de maior probabilidade de incidencia de danos por xabaril", tal e como reflicte o documento elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, neses municipios os cotos de caza ou tecores poderán realizar batidas con autorización de inmediato, sen comprobación previa.

Estas medidas excepcionais permítense para frear os danos ocasionados por este animal salvaxe nos municipios que máis incidentes tiveron con el nos últimos anos. No resto de concellos da área metropolitana, como Amoeiro, Coles, Barbadás ou Taboadela, os cazadores deberán seguir o procedemento ordinario para solicitar as batidas, para a cal é necesaria a autorización previa de Conservación da Natureza. Así, as solicitudes pódense presentar unha vez detectados os danos.

Os concellos incluídos como "excepcionais" terán unha maior axilidade, podéndose anticipar aos danos que se poidan causar, sen ter que esperar a que o porco bravo actúe. 

Te puede interesar