IDIOMA

O concurso “Youtubeiro@s" amplía os seus galardóns

Captura de pantalla del canal "Youtubeiras e Youtubeiros"
photo_camera Captura de pantalla del canal "Youtubeiras e Youtubeiros"
Os participantes poderán presentar vídeos ou canles nos que se promova o uso do galego

"Youtubeir@s" chega este ano con máis forza que nunca: tres novos galardóns e mil euros máis en premios. Esta semana déronse a coñecer as bases da cuarta edición dun certame ao que se poden presentar todo tipo de vídeos en galego publicados desde o pasado 27 de setembro. Nestas bases establécense novas categorías e con elas increméntase tamén a dotación económica da iniciativa, se ben se mantén inalterable o seu espírito: animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.

Os 12 premios desta edición recoñecerán a mellor canle, ó mellor youtubeir@ e ó mellor vídeo cunha contía de 1.000 euros cada un; e tamén contará con nove categorías menores con 500 euros para a calidade lingüística, o impacto, a calidade técnica, a comunicación, a creatividade, a música, a didáctica, o carácter pioneiro e o apoio do público, desaparecendo neste caso as xa tradicionais de vídeo-facermos e vídeo-opinarmos.

Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019 en Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. No caso de presentar unha canle, ten que conter cando menos cinco vídeos, non ter restricións de privacidade e estar maioritariamente en galego. Os vídeos poden conter subtítulos opcionais noutras linguas e fican expresamente excluídos os traballos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

O prazo de inscripción está aberto do 27 de maio ao 23 de outubro. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde, podendo cada creador inscribir tantos vídeos ou canles como desexe. O formulario de inscripción figura na web www.youtubeiras.gal.

Te puede interesar