cultura

Un congreso e unha mostra para o centenario de Nós

centenario Nos
photo_camera O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodrígueze e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, presidiron o encontro.

Tamén haberá un congreso internacional sobre a cultura galega, que a Xunta propón que se celebre en Ourense, e que servirá para actualizar o legado da Xeración Nós

Os actos de conmemoración do centenario da Xeración Nós, que se celebrarán no 2020, incluirán unha exposición e un congreso internacional sobre a cultura galega, tal e como se acordou onte na xuntanza plenaria para a coordinación da efeméride. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodrígueze e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, presidiron o encontro, no que estiveron presentes representantes das administracións e entidades culturais.  

Acordouse organizar unha gran exposición sobre a Nós, que se inaugurará no 2020 na Cidade da Cultura, e que terá ademais unha itinerancia completa en Ourense. 

Tamén haberá un congreso internacional sobre a cultura galega, que a Xunta propón que se celebre en Ourense, e que servirá para actualizar o legado da Xeración Nós e reflexionar sobre os principais retos e desafíos que terá que afrontar a cultura galega. 

Na xuntanza participaron tamén a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o secretario xeral del Polítia Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo. 

Te puede interesar