O conselleiro de Medio Rural insiste: "Os incendiarios responderán coa cárcere"

José González aposta por avanzar nos acordos políticos entre as forzas políticas

“Os incendiarios responderán polos seus delitos con penas de cárcere e co seu patrimonio, pagarán co que teñan os gastos de extinción”. Así o advertiu o conselleiro do Medio Rural, José González, hoxe no Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre os lumes das últimas dúas semanas. González engadiu que estes delincuentes pagarán polas súas accións “porque ademais de danar os nosos montes poñen en risco vidas de persoas, e iso -remarcou- é intolerable”. Reiterou a súa advertencia: “a súa actividade non quedará impune mentres se atope aos responsables, e atoparémolos, de forma que estes delincuentes serán condenados”.

Nesta liña, o conselleiro apelou unha vez máis “á responsabilidade de todos” e destacou a “importancia da concienciación” na loita contra a actividade incendiaria, ao tempo que recoñeceu “a magnífica cooperación que se deu entre as administracións implicadas na loita contra os lumes”. Así, sinalou que “frear esta ameaza tamén depende do conxunto da cidadanía”.

Do mesmo xeito, o conselleiro apostou tamén por avanzar no establecemento de acordos entre as forzas políticas para “deixar de focalizar unha dificultade destas dimensións como un mero debate partidista”. Por iso animou a sumar esforzos e a colaborar “mediante pactos, acordos e apoios directos á adopción de mecanismos que permitan preparar o territorio galego, adiantarnos aos lumes e facer a nosa comunidade máis resistente fronte eles”.

Te puede interesar