TRAXEDIA NOS EUA

Convocada unha concentración no Parque contra a masacre de Orlando

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) chama á mobilización hoxe ás 21 horas fronte á subdelegación do Goberno.

 A Marcha Mundial Das Mulleres (MMM) convoca unha concentración, hoxe ás 21 horas fronte á Subdelegación do Goberno, en repulsa pola masacre acontecida a pasada fin de semana en Orlando (Estados Unidos). Un ataque reivindicado polo Estado Islámico nun local LGTBI que causou a morte de 50 persoas, deixando outras 53 feridas.

"Non imos parar ata canmbiar este feito, así que nin unha agresión se resposta", din dende a MMM para chamar á mobilización. "Saímos ás ruas para demostrar que non están sós".

Te puede interesar