Miguel de Lira e Jorge Morais, Mellor Actor e Premio Eixo Atlántico, acento galego desta edición

A coprodución rumana-francesa ‘Hooked’ faise ca Calpurnia á Mellor Longametraxe

Arno Dierickx recibe as felicitacións de Anders Osterballe e Jorge Morais. (Foto: Xesús Fariñas)
O palmarés do Festival de Cine ten nesta décimo cuarta edición un sabor máis internacional ca nunca, máis dunha vintena de países acadaron o recoñecemento dos distintos xurados e tamén do público, que premiaron na súa meirande parte as coproducións.
Despois de máis dunha discusión e moitas reunións, pasadas as 13.00 horas de onte, o director xerente do OUFF, Enrique Nicanor, acompañado por unha representación dos xurados, daba lectura ó palmarés. Entre os asistentes, algúns dos participantes na competición, e deles, tres recibían a ovación da carpa.

O primeiro en escoitar o seu nome, e fíxoo por partida dobre, foi Anders Osterballe, que non contento con levar o Premio do Público á Mellor Curtametraxe por ‘Milo's Wheels’, acadou tamén o Premio do Xurado.

Uns intres despois sería o vigués Jorge Morais o que recibiría a noraboa, o seu traballo ‘O pintor de ceos’ foi elexido para o Premio ‘Eixo Atlántico’.

E por último chegoulle o turno a Arno Dierickx, Premio ‘Carlos Velo’ ao Mellor Director con ‘Blood Brothers’.

Un a un, o xurado foi dando conta dos títulos gañadores. Pola súa sensible descripción e un exquisito control dunha unidade de tempo narrativo, unha única xornada de lecer, e por o uso dunha linguaxe directa e popular que facilita a súa eficacia comunicativa, ‘Hooked’ (‘Pesca deportiva’) foi elexida como Mellor Longametraxe.

Tomislav Radic, por a croata ‘Tri price o nespavanju’ (‘Tres historias de insomnio’), conseguiu o Premio ‘Cidade da Coruña’ ao Mellor Guión. Co mesmo filme, a actriz Rosana Pastor recibiu unha mención especial pola excepcional capacidade e o forte impacto que xenera o seu papel, no que amosa unha gran capacidade expresiva e interpretativa.

Outro galego, Miguel de Lira, e a alemana Birgit Minichmayr, forman a parella de Mellor Actor e Actriz, pola súa interpretación en ‘Pedro e o Capitán’ e ‘ Alle Anderen’ (‘Todos os demais’) respectivamente.

O xurado otorgou o seu Premio Especial á película ‘El regalo de Pachamama’, mentras que o público elexiu ‘Absurdistan’.

Pola beleza destilada narrando unha historia de amor e desamor, ‘Intimidades de Shakespeare y Víctor Hugo’, tivo a Calpurnia ao Mellor Documental.

Na categoría de Animación o premio foi para a peza alemana ‘Germania wurst’ (‘Un pouco de historia de Alemaña’), e na de Novos Media o Gran Premio a Innovación recibiuno ‘This is J03’, galardón co que o OUFF quere facer un recoñecemento á crecente influenza dos videoxogos no audiovisual.

A totalidade de premios e mencións especiais desta edición abrangue a máis de vinte nacionalidades distintas, polo que o festival ten ben merecido o adxetivo de ‘internacional’.

Unha cruel historia baseada en feitos reais

Nos anos 60, unha terrible historia conmocionaba Holanda. Uns adolescentes , fillos de familias acomodadas asasinaban a outro amigo sen motivo aparente. Levar esa historia ao cine acaba de darlle a Arno Dierickx o premio ‘Carlos Velo’ ao Mellor Director. Dende que o mércores chegara a Ourense non saiu das salas de proxección para ver os filmes cos que competía: ‘Descubrín que tiñan unha calidade técnica brutal e que había películas moi intelixentes e moi ben feitas, pero eso non tiña esperanza algunha de acadar o premio’.

Como convencer ao público e ao xurado

Anders Osterballe non ocultaba a súa satisfacción polo dobre éxito acadado, a súa curta, ‘Loftet’ (‘A promesa’), foi a mellor tanto para o público como para o xurado, que non sempre teñen os mesmos gustos: ‘A curta faise para comunicarlle algo ao espectador e si lle gusta significa que algo fixeche ben, saber que ademais tamén conveces ao xurado faime sentir moi honrado polo feito de que acepten o meu traballo. Levar os dous premios garantizame poder seguir traballando nesto e quizais agora a miña muller me tome máis en serio’.

A garantía do futuro na animación galega

Jorge Morais, con ‘O pintor de ceos’, unha curta de 25 minutos feita sin presuposto, levará a finais de ano percorridos 200 festivais en todo o mundo. O Premio ‘Eixo Atalántico’ que o convirte no mellor filme producido en Galicia ou Portugal de calquera das categorías do OUFF e o galardón número vintesete que recibe este xoven de Vigo. ‘A historia do mariñeiro que se refuxia na pintura tras perder a súa familia ten certo paralelismo coa miña traxectoria como animador en canto ao proceso tan longo no que nos sumerximos o protagonista e eu’.








Te puede interesar