CULTURA

Corpo (a) Terra: o casco vello, un gran escenario de danza

O programa, conformado por diferentes actuacións, contará coa participación de grupos de danza  heteroxéneos, provintes de Alemaña, Brasil, México, O Salvador ou Suíza, entre outros.

A oitava edición do festival de danza Corpo (a) Terra foi presentado onte na cidadde. O festival, que se celebrará entre os días 12 e 14 de xullo, ten como obxectivo "reivindicar a arte nas rúas e prazas da cidade", tal como sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O programa, conformado por diferentes actuacións, contará coa participación de grupos de danza  heteroxéneos, provintes de Alemaña, Brasil, México, O Salvador ou Suíza, entre outros. Tamén participarán formacións de diferentes comunidades autónomas, fomentando así a multiculturalidade do evento. En verbas de Jesús Vázquez: "Ao longo de tres días estas compañías serán as encargadas de transformar o noso Casco Histórico no mellor escenario do mundo".

As actuacións realizaranse en diferentes escenarios da cidade, como as prazas de Santa Eufemia, Santa María Nai e San Marcial; o Xardín do Posío e o mirador de San Francisco. "As nosas prazas e espazos públicos, escenarios privilexiados polos que discorre a vida e reflexo da nosa historia, van encherse de espectadores dispostos a deixarse levar o seu Corpo (a) Terra".

Destaca nesta edición a fusión da danza con outras disciplinas como o teatro ou as performances.

Te puede interesar