Ourense

O Couto Mixto nomea a tres novos xuíces

Ourense

O Couto Mixto nomea a tres novos xuíces

A Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou xuices honorarios do histórico territorio situado na raia seca, compartidos polos concellos de Calvos de Randín e Baltar, a tres persoaxes das culturas galega e portuguesa.
Trátase de Paula Godinho, antropóloga da Universidade de Lisboa, polos seus moitos traballos de investigación sobre os territorios transfronteirizos. Antonio Rodríguez Colmenero, arqueólogo e profesor da Universidade de Santiago, natural do Concello de Cualedro, polos fundamentados estudos do patrimonio arqueolóxico da fronteira, e da vía romana que une Portugal con Astorga. E Xosé Badás, director da revista 'Lethes' (Cadernos de Cultura Popular da Limia), publicación que vén divulgando as culturas galego-portuguesas, promovendo un diálogo constante entre os pobos arraianos.

Os xuices honorarios do Couto Mixto serán investidos o vindeiro día 9 de xullo na igrexa parroquial de Santiago dos Mixto, entregándoselles os atributos que os distinguen: varas de mando e chaves do arcón do Couto Mixto. Este ano a Asociación dos Amigos do Couto Mixto que presidente o escritor e académico da Real Academia Galega, Luis García Mañá, presentará o disco que contén o himno ao Couto Mixto, musicado e cantando pola fadista María do Ceo sobre un poema de Armando González. Posteriormente, celebrarase un xantar popular.