Cristina de la Torre (A Rúa, 1977), historiadora e xornalista, é á productora de "Santoalla", a película que esta tarde abrirá a 21 edición do Festival de Cine Internacional (OUFF).
É a única galega nun proxecto sobre esta historia ourensá, plasmada nun documental polos norteamericanos Daniel Meher e Andrew Becker.
Como chega a contactar con Andrew e Daniel?
Se puxeron eles en contacto conmigo porque falaron cunha compañeira que traballaba en prensa e pasoulles o meu correo. Buscaban a alguén que poidera facerlle de tradutora, pero rematou sendo un traballo de campo bastante intenso. Levamos traballando xuntos tres anos. Eu era a persoa que controlaba o territorio, o idioma, que me ocupei de rebuscar en arquivos e este tipo de cousas.
Coñecer o galego tamén sería importante para gravar na zona.
Si, porque ao final falar no mesmo idioma cos veciños achégate, faite cercano. Tamén porque non é tan sinxelo entendernos. Hai xente que ve a película e atópase con cousas en galego que non son tan sinxelas de comprender. Non é só saber o idioma, senón a maneira na que nos expresamos e comunicamos, que é bastante peculiar.
Cal foi a súa impresión ao ver o guión e o proxecto?
A verdade é que foi un proxecto moi interesante. O que máis me chamou a atención, sendo unha historia tan de Valdeorras, tan de Ourense, é que tiveran que ser dous novaiorquinos os que veran que había unha película que contar. É un pouco unha autocrítica, pero tamén é bo que haxa esa mirada dende fóra, aporta moitísimo na película. Entón, cando fixeron a proposta, entusiasmoume o proxecto porque empezou sendo una historia sobre a aldea de Santoalla, o que pasa é que houbo acontecementos que fixeron que a película derivase cara unha cousa un pouco máis diferente, una historia de sucesos.
Cómo espera que os ourensáns reciban a película?
Non teño nin idea, xenérame moitísimo respecto, un respecto emocionante. É unha historia que había que contar, pero non a contei eu, eu só participei, a contou alguén que ven de 5.000 kilómetros de distancia.
Diría que hai inteseses, ademais, polo que é Galicia?
Si que resulta un pouco exótico que existamos, se o miras dende unha perspectiva global. Se che preguntan de onde eres e dis España, as identidades son moi claras: Andalucía, flamenco, paella. Entón cando explicas que é outra cousa, ten un punto exótico. E isto creo que axuda. Pero tamén temos cousas en común con calqueira zona rural montañosa do mundo.
Sendo de aquí, como espera a estrea?
Os directores son eles. Eu síntome un pouco anfitriona pero casi máis de cara a Daniel y Andrew, que están entusiasmados pola expectación que está a espertar a película. Tamén teño a miña función, porque ao estreo vai ir moita xente que nos axudou. Pero intentarei estar na butaca do fondo, que tamén me da respecto. É unha cousa importante para Ourense, creo que o OUFF está facendo unha aposta alucinante poñendo un documental destas características como apertura. Creo que o temos que celebrar todos, que haxa esa aposta por un cine tan propio e tan alleo ao mesmo tempo.