ENTREVISTA

Cristina Fernández: "“A regra non pode doer, se doe hai que ir ao médico"

20190628191511097_result
photo_camera Cristina Fernández Feijóo.

A nova presidenta de QuerENDO Mulleres con Endometriose fala dunha doenza "silenciosa"

"Se a regra doe, hai que ir ao médico", esa é a mensaxe da asociación de mulleres afectadas por endometriose en Galicia, QuerENDO. Hai unhas 60.000 que padecen esta enfermidade "silenciosa", unha doenza inflamatoria estróxeno-dependente cuxa orixe aínda é descoñecidA. A farmacéutica ourensá Cristina Fernández Feijóo, ligada á asociación dende os inicios, acaba de ser nomeada presidenta do colectivo galego. Un reto para visibilizar a ese 10% de mulleres en idade fértil que sufren a endometriose. 

A endometriose segue sendo invisibilizada?

Sí, hai moito descoñecemento e sobretodo das mulleres. Aínda se asume que a regra doe, pero ese é o gran erro. Se tes unha dor que non che deixa facer a túa vida, non é normal.

Cantas consultas reciben en QuerENDO?

Na asociación, cada día chégannos correos de mulleres que cren que teñen endometriose. É unha doenza cuxa media de diagnóstico son oito anos.

Cales son os síntomas?

A dor coa regra, unha dor incapacitante que non che deixa facer vida normal. Pode facerse crónica, cando a enfermidade avanza doe tódolos dóas. Pode haber dor de ventre, ao mexar ou ao manter relacións sexuais.

Como axuda a asociación?

Orientámolas un pouco, o que queremos nós é que haxa unha divulgación da enfermidade. 

Cantas afectadas hai en Ourense?

Non coñecemos o dato. Moitas veces non se diagnostica. Queremos que se diagnostique xa. 

Uns dos reclamos da asociación é un censo de afectadas do Sergas. Como se avanzou?

Aínda non o hai.

Outro reto é a creación dunha unidade multidisciplinar para tratar a enfermidade.

Pedimos que se fagan unidades multidisciplinares, con profesionais de varios campos. Fisioterapeutas, psicólogos, xinecólogos…O máis que se fixo é crear unidades específicas en Ourense, A Coruña e Vigo.

Como funcionan?

Se tes endometriose derívante alí e un xinecólogo faiche o seguimento. Non é suficiente. 

Como afecta á calidade de vida dunha muller?

Somos mulleres que vivimos con dor, a tratamento con analséxicos e algúns opiáceos. É unha doenza moi incapacitante, é vivir con dor tódolos días.

A demanda principal.

A unidade multidisciplinar, formación dos médicos e divulgación. Que a Consellería de Sanidade se esforce en facer que as rapazas con dor de regra acudan ao médico. 

Te puede interesar