VITICULTURA

Críticas ao reparto de axudas estatais ao sector do viño

O conselleiro de Medio Rural afirma que as axudas aprobadas terán escasa ou nula incidencia en Galicia

A Xunta considera que as axudas aprobadas polo Goberno central para o viño non serven para o sector vitivinícola galego nin se adaptan á súa realidade, polo que terán "nula ou escasa incidencia na nosa comunidade". Así o afirmou o conselleiro do Medio Rural, José González, quen pediu  ao Executivo de Madrid que teña en conta ás autonomías á hora de deseñar e aplicar liñas de axudas e normativas, dado que a realidade de cada unha delas é distinta, remarcou.

Nesta liña, o conselleiro solicitou tamén que este tipo de decisións sexan previamente comentadas e consensuadas coas comunidades, de cara a unha mellor adecuación ás características de cada territorio e incidiu na necesidade de que a repartición dos fondos non se faga consonte a criterios uniformes para todos, porque o que pode favorecer a unha comunidade, pode prexudicar enormemente a outra.

Así, o conselleiro de Medio Rural sinalou que aplicando ditos criterios técnicos, Galicia podería beneficiarse, como moito, dunha achega de 300.000 euros sobre un total de 90 millóns para o conxunto de España. Algo especialmente grave, segundo o calificou José González, tendo en conta, ademais, que os viños galegos con denominación de orixe xeran arredor do 6% do valor engadido destas producións a nivel nacional, o que supón máis de 5 millóns de euros.

Te puede interesar