Cruz Vermella sae á rúa na procura de xoguetes novos

A campaña de recollida trata de eliminar desigualdades durante a infancia dos nenos en risco social

Coa chegada do Nadal, Cruz Vermella ponse a traballar para que a ningún neno lle falte un xoguete novo do que poder desfrutar. A área de Xuventude está inmersa na súa tradicional recollida porque “non hai infancias de primeira nin de segunda”, apunta Adriana Diéguez, coordinadora provincial. Con esta premisa chaman á solidaridade dos ourensáns para que participen, especialmente neste ano marcado pola crise social. 

A iniciativa enmárcase no proxecto de “Xoguete educativo”, polo que fan acopio nestas datas festivas e dan cobertura aos nenos da provincia que se atopan nunha situación vulnerable a través das nove asambleas provinciais. De momento, as consecuencias da pandemia fanse notar. "Costa máis conseguir colaboracións e non podemos celebrar eventos nos que cada ano se reocollían moitos xoguetes", lamenta. Pese a todo, os ourensáns non fallan. "Vivimos nunha provincia moi solidaria, polo que se crearon novas iniciativas de doazón", recoñece.

Neste caso están os establecementos que forman parte do CCA de O Carballiño, colaboradores ao igual que o Centro Comercial Ponte Vella e outras empresas privadas. Esta semana rematan os prazos para adicarse á parte loxística, a máis descoñecida e s que precisa máis tempo. "Encargámonos de recoller todo o doado e empregamos os días que faltan para o Nadal e entregalos", resalta Diéguez. Como parte do traballo de Cruz Vermella está o de selecciona o xoguete axeitado para cada neno pola súa ideade, sumándose a "unha loxística importante que continúa todo ano", indica Diéguez.

Os requisitos das doazóns seguen a ser os mesmos, especialmente que os xoguetes sexan novos, xunto a que non sexan bélicos nin sexistas e favorezan á educación dos máis pequenos. Cosneguir que se entreguen novos é a parte complicada, xa que os doantes excúsanse prácticamente en que non foron usados. "O concepto que temos claro é que deben vir directamente da xoguetería", afirma Diéguez. Isto axuda a que as crianzas non padezan as diferenzas por cuestións económicas e, nestes tempos de pandemia, é beneficioso para "garantizar a seguridade e a hixiene" deles. 

A entidade marca o obxectivo de igualar as 500 entregas que se fixeron no 2019
Cruz Vermella ten unha meta imposta para este ano, que é igualar as cifras do ano pasado, onde fixeron unhas 500 entregas entre nenos de toda a provincia. Aínda que a recollida se centra nas datas de Nadal, algúns dos xoguetes chegan aos rapaces durante o resto de meses. Durante o 2020, o período de confinamento deixou patentes as carencias de moitos deles en cuestións de ocio. "Apreciamos que tiñan certas limitacións, limitándose a actividades no parque", comenta Diéguez. Os excedentes das datas de Nadal esgotouse e traballar para igualar o número de doazóns, nun ano no que a demanda se disparou nunha crise social "que aínda non amosou o seu pico elevado".

Te puede interesar