Historia

“A culminación de 40 anos de traballo a prol da lingua galega medieval"

lingua galega estudio ramon lorenzo
photo_camera Victor Freixanes, Valentin Garcia, Rosario Álvarez, Ramon Lorenzo, Maca Pérez, Manuel Baltar, Antonio Rodríguez, Xose Luis Regueira y Marisol Diaz, ayer en la presentación del libro del intelectual gallego en Montederramo.
Ramón Lorenzo presentou o seu estudo, articulado con 2.000 documentos

A presentación de "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices", libro escrito polo filólogo Ramón Lorenzo tivo lugar no espazo que lle da nome onte. No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que destacou sobre Lorenzo como “un dos pais da lingüística e da filoloxía galegas, cofundador do Instituto da Lingua Galega, que sentou os alicerces dos estudos sobre o idioma propio de Galicia, que presenta a edición de preto de dous mil documentos, cos seus correspondentes apéndices".

Este traballo é froito de décadas de traballo por parte de Ramón Lorenzo, que contou coa colaboración da Xunta e o Consello da Cultura Galega, para darlle vida a este traballo fundamental para o coñecemento do galego medieval.

Baltar agradeceu a Lorenzo a súa labor "por desentrañar o pasado histórico e lingüístico dun territorio tan noso"

Baltar quixo resaltar a importancia de "para saber a onde imos, resulta imprescindible coñecer o que fomos e o que fixemos, o que animou a unha xeración que marcaría un antes e un despois". O presidente tamén lle agredeceu a Lorenzo a súa labor por "desentrañar o pasado histórico e lingüístico dun territorio tan noso e peculiar".

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, destacou que "é a culminación de 40 anos de rigorosidade intelectual e de traballo constante a prol da lingua galega no ámbito medieval". Por outra banda, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, expresou que "é unha colección de riqueza extraordinaria".

Te puede interesar