Amigos do historiador honrarán a súa memoria nun acto organizado pola tarde no Liceo

A cultura amosa o seu pesar pola morte de Marcos Valcárcel

Velatorio de Marcos Valcárcel.
Marcos Valcárcel era un dos 'mellores historiadores das últimas décadas', segundo o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que onte fixo público un comunicado de pesar polo pasamento do historiador ourensano, cuios restos serán incinerados hoxe pola mañán nunha cerimonia estrictamente familiar. Onte tamén, numerosas persoas se achegaron á capela ardente para apoiar á familia e lembrar a importancia do profesor e escritor ourensán no ámbito da investigación histórica e do pensamento galeguista.
Así, ó longo da xornada persoeiros da intelectualidade galega como Ramón Villares, Xesús Alonso Montero ou o Xosé Manuel Beiras, políticos como Xosé Luis Baltar ou Camilo Nogueira e numerosos amigos e familiares expresaron o seu pesar polo pasamento do historiador, especialista no estudo da Xeración Nós e profesor profesor do instituto da Carballeira ata que unha enfermidade dexenerativa rematou coa súa vida, o pasado domingo, ós 52 anos de idade.


HOMENAXE

Os amigos de Marcos Valcárcel honraran hoxe a memoria do intelectual nun acto no Liceo, a partires das 18.30 horas. Lerán poesía de Aleixandre e haberá música para homenaxear a figura dun historiador que era xa un referente da vida cultural ourensá.

Te puede interesar