Curso de cestería para promover a inserción laboral en Ribadavia

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia organiza un curso de cestería, que se porá en marcha o próximo día 13 deste mes de novembro, prolongándose ata o 18 de decembro. O programa contempla 20 horas de clases, que impartiranse os martes e xoves, entre as 16,00 e as 18,00 horas.
O curso está dirixido a 18 alumnos que utilizarán as instalacións do Servizo de Externos de Atención Infantil. Segundo afirman os responsables deste departamento municipal, o obxetivo do curso é mellorar a formación, a empregabilidade e as posibilidades de autoemprego para intentar facilitar a inserción sociolaboral da poboación xitana e da poboación en risco de exclusión social.

O curso é para persoas de etnia xitana e persoas con distintas problemáticas de orde social que reciban ou foran susceptibles de obter unha axuda económica de integración social. Os contidos serán prácticos.

Te puede interesar