barbadás

Os cursos do CET superan os 200 alumnos no 2018

El Transfronteirizo de Barbadás (MARTIÑO PINAL).
photo_camera El Transfronteirizo de Barbadás (MARTIÑO PINAL).

A actividade neste centro está indo a máis xa no inicio deste 2019, cunha das últimas iniciativas é o ciclo de charlas #Coñececomoactuar que se celebra o último venres de cada mes e que está tendo moito éxito

O Centro Transfronteirizo de Barbadás (CET) chegou a 214 alumnos nos 13 cursos formativos que acolleu ao longo do ano 2018, segundo recolle a memoria elaborada hai unhas semanas. A actividade neste centro está indo a máis xa no inicio deste 2019, cunha das últimas iniciativas é o ciclo de charlas #Coñececomoactuar que se celebra o último venres de cada mes e que está tendo moito éxito. 

Estes cursos, que comezaron en xaneiro de 2019, están organizados por un dos usuarios dos niñeiros, Brais Ramos, e teñen por obxectivo formar aos veciños en técnicas básicas de saúde ou primeiros auxilios. Só o primeiro día xa conseguiu xuntar a máis de 50 persoas.

Ao longo do pasado ano, a acción formativa de maior éxito foi o curso de poda de árbores froiteiras, que chegou a 35 alumnos, seguido dun curso de poda de vides, con 32 persoas, e outra de multiplicación de colmeas  e cría de raíñas, á que accedeu un total de 27 alumnos. 

 O CET foi creado mediante a financiación con fondos comunitarios Interreg  III-A dentro do Proxecto RACET (Rede de Apoio á Cooperación Empresarial Transfronteiriza) e, na actualidade, está xestionado polo Concello de Barbadás. Ten por obxectivo contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e a mellora da calidade de vida dos empresarios e habitantes de Barbadás.

Actualmente, ofrece asesoramento, desenvolvemento de webs para as empresas ou participación no fomento da revitalización do comercio local e da creación de novas empresas.

Ademais, ao longo de 2018, segundo se explica na memoria, acolleu xuntanzas da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou), a Asociación Apícola de Galicia ou o Plan Galego de Inclusión Social.

Tamén se incluíu a creación dun Banco de Emprego, que só en 2018 recibiu un total de 106 currículums; 70  a través da súa plataforma dixital, 27 por correo electrónica e 9 de forma presencial. 

Asemade, o CET pechou 2018 con dous dos tres niñeiros empresarias xa alugados, nos que ofrecen desde sala de informática ata un salón de actos con 70 prazas.  Tamén se ten en marcha una Oficina virtual para emprendedores e autónomos. 

Te puede interesar