ENTREVISTA

Dakidarria: “Camiñar sen metas é o que mantén viva a banda"

daki
photo_camera Dakidarria en concierto.

El grupo celebra su décimo cumpleaños con la actuación mañana en el Festival Reperkusion

La banda de música celebra su décimo aniversario en el Festival Reperkusión de Ourense, con la actuación de mañana por la noche en Bemposta. 

Que van ofrecer na Reperkusión?

É un concerto dos últimos da xira "De cuncas e de mar", polo que imos pisar o escenario cargados de enerxía, sen dúbida. O feito de que sexa un festival de referencia a nivel galego fai que teñamos máis gañas de tocar do habitual, que non é pouco. Vai ser un concerto enerxético, alegre, rebelde de 70 minutos "non-stop".

Que esperan da cita?

Non é a primeira vez que estamos no Reperkusión como público, aínda que si como músicos. Enriba do escenario esperamos que continúe a liña dos anteriores e que sexa unha festa moi grande na que nos vexamos apoiados pola nosa xente, como así levan facendo durante tantos anos. O que queremos é que a xente o pase ben, que nos fagan a nós pasalo ben e que se palpe a alegría con rebeldía que nos caracteriza, basándonos en que somos as persoas as que mudamos as cousas que están feas na vida, con música, por exemplo.

Como se definiríanmusicalmente?

Non nos gusta nada colgarnos etiquetas. Poderíamos dicir que somos un grupo de ska, pero os puristas deste estilo botaríansenos enriba. O mismo sucedería se dixésemos reggae, etcétera. Dakidarría, entón, é un grupo de fusión de estilos que responde á convivencia dos oito integrantes da banda. Ska, punk, reggae e rock son os estilos máis nosos.

Quizáis non sexan eses os xéneros máis comercial, supón isto unha traba no mercado musical?

Todos sabemos cal é a música en paquete que nos venden. Por suposto que supón un problema pero, de todos os xeitos, non cremos moito na comercialización da música a gran escala, como pode pasar con grandes éxitos de radiofórmula. Dentro dos múltiples estilos musical que hai no planeta, temos a sorte de que aquí si que existe un circuito con moitos seguidores do noso estilo. Se pensas en encher un estadio de grandes dimensións, é imposible. Pero se pensas en vivir, traspasar fronteiras e que se recoñeza a túa mensaxe, si que hai moitas posibilidades e facilidades, comparando con outros estilos.

Que os mantén vivos?

Non temos ningún motivo para morrer. A ilusión e seguir camiñando sen metas buscando cousas no camiño que nos poidan ir nutrindo é o que fai que sigamos para adiante. O que si que temos claro e que non cremos no futuro e disfrutamos ao máximo cada momento.

Que destacaría do pasado?

Cando miras cara atrás sempre recordas o bo. Todo comezou cando estabamos no instituto e queríamos tocar nas festas de fin de curso, despois aspirábamos a un "garito" e logo tocar para a xente. Nunca tivemos unha meta moi lonxana e por iso se foron cumprindo. Imos buscando expectativas despois de cumprir as que xa fixemos realidade. Por iso, sempre estás contento e, sobre todo, motivado. n

Te puede interesar