RETORNO A LAS RAÍCES

"Teño a esperanza de volver, pois as raíces sempre se conservan"

MURGA
photo_camera Daniel Murga López.

Daniel Murga naceu hai 30 anos en Ourense, aínda que as súas raíces están divididas entre A Peroxa e A Barra, os pobos dos seus pais. Graduado en maxisterio pola Universidade de Vigo, este mozo marchou a Tarragona logo de aprobar unha oposición para funcionario do Ministerio do Interior.

É un gran afeccionado ao deporte polo que sempre atopa un instante para facer sendeirismo ou correr polo monte cando retorna a Ourense cidade, e aos seus dos pobos durante as vacacións. 

Canto tempo fai que deixou Ourense?

No vindeiro mes de outubro fará sete anos que deixei Ourense e marchei a Tarragona. Vivín nove meses en Ribeira pero logo volvín. Cando marchei para Cataluña era a primeira vez que saía da casa sen saber cando volvería. 

Cales foron os motivos que o levaron a Tarragona?

Principalmente motivos laborais. Aprobei a oposición e escollín Tarragona entre varias opcións ás que tiña acceso. Fíxeno porque é unha cidade con mar, capital de provincia e ten o aeroporto de Reus a poucos minutos, con voos directos a Santiago. Deste xeito podería volver a casa con frecuencia e de feito así o fago, cada vez que é posible, regreso a Galicia. 

Custoulle moito marchar, deixar a terra?

Si, ao principio sí. Penso que é algo que nos ocorre a todos os galegos, sentimos moita morriña cando marchamos da terra. Pero cando comecei a estudar as oposicións xa sabía que tería que deixala. Agora se penso na posibilidade de deixar Tarragona, daríame moita pena. Son xa sete anos alí, a cidade vaite enganchando e xa teño o meu círculo de amizades. Ao final pasei en Tarragona a miña xuventude. 

Deixaría Tarragona para volver a Ourense?

Si, rotundamente. As raíces sempre se conservan e teño a esperanza de volver a Ourense no futuro. 

¿Viviría en A Peroxa ou en A Barra?

Si, ¿por qué non?. Ao final están moi preto da capitalidade. Co coche non hai distancias. 

Qué é o que máis lle costou deixar atrás de Ourense e dos seus pobos?

Aos amigos e á familia. Bótanse moito en falta. Marchei solo e o feito de non ter preto a ningún familiar ao principio é duro. Dos meus pobos estraño a paisaxe e a tranquilidade e de Ourense, o ritmo de vida. Tarragona é totalmente diferente por exemplo, no que ten que ver co clima. Alí fai moita calor durante todo o ano e practicamente non chove. 

E no que ten que ver coa xente? 

Tamén somos moi distintos. A xente en Tarragona móvese en círculos máis pechados nos que costa moito entrar. Cando o fas é xenial, pero coido que en Ourense e en Galicia en xeral, a xente abre as portas da súas casas como quen di, dende o primeiro momento. 

E culturalmente, Nota moito a diferencia? 

Si. Alí non hai costume de saír á tardiña a tomar os viños e as cervexas cos pinchos como acontece aquí na zona vella de Ourense, por exemplo. Son máis de tomar o vermouth e aos almorzos danlle moita importancia.

Qué é o que máis lle gusta de Tarragona?

Que tes a praia e a montaña moi preto. Hai moito que coñecer, de feito soprendeume moitísimo todo o vencellado ás ruínas romanas. Tarragona ten moita historia e merece a pena coñecela, sobre todo a cova urbana. 

Te puede interesar