Día das Letras Galegas

Debuxos infantís en Toén e escritos de autores vianeses

Os nenos do colexio Saco e Arce invitaron aos alumnos de Ourense a decorar a rúa Carvalho Calero coas súas creacións

Doutra banda, a rúa Carvalho Calero de Toén apareceu na mañá de onte engalanada cos debuxos, poemas e murais, elaborados polos nenos de distintos colexios de Ourense, segundo unha iniciativa do colexio Saco e Arce de Toén.

En Viana do Bolo, e dada a situación neste ano coa pandemia sanitaria do coronavirus, o Concello contactou  con autores vianeses "para que nos enviaran un video relacionado co autor ao que se lle dedican as Letras Galegas", explicou o alcalde da localidad, Secundino Fernández.

Manoli Vicente, Nieves Fernández, Serxio González, Xesús Salgado e Carlos Ares son os autores que participan nesta iniciativa reivindicativa das Letras Galegas e aos que o rexidor expresa as súas "máis efusivas grazas pola súa colaboración".

As colaboracións se publicarán na páxina web do Concello entre os días 16 e 20 deste mes, comezando con Carlos Xabier Ares Pérez, graduado social pola USC, escritor e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía, ademais de músico e divulgador da historia, patrimonio e cultura galega.

Te puede interesar