Deputación e Abanca apoian a natalidade en Pereiro de Aguiar

A tarxeta "Benvido a Pereiro" ten como obxectivo apoiar ás familias na compra de material farmacéutico

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, o delegado territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, asinaron no Pazo Provincial dous convenios de colaboración para cooperar no apoio da natalidade neste municipio. 

Trátase da tarxeta "Benvido a Pereiro", que vai na liña da axuda que o goberno provincial desenvolve desde 2014 coa tarxeta "ChegOU", e que ten como obxectivo apoiar ás familias empadroadas no concello para mercar material de farmacias e parafarmacias destinado a nenos nacidos entre 2018 e 2020. 

Para o acceso á axuda é preciso que o solicitante conste empadroado no Concello de Pereiro cunha antigüidade mínima dun ano, e que tamén conste inscrito o menor. 

Abanca colabora na instrumentalización da axuda económica e asume a efectividade do pago ás familias a través da carga da tarxeta. O concello será titular das tarxetas solicitadas á entidade e remitirá as mesmas ás familias e ás instrucións para a súa activación.

Te puede interesar