A Deputación achega 335.711 euros en axudas aos concellos

Manuel Baltar, durante a reunión de onte.
photo_camera Manuel Baltar.
As axudas destínanse aos concellos de Boborás, Cualedro, Larouco, Porqueira, Vilamarín e a mancomunidade de municipios da comarca de Verín

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou este mércores, nunha reunión celebrada por videoconferencia, achegas por un importe total de 335.711 euros para asuntos sociais, de xestión, infraestruturas e equipamentos, sendo as entidades beneficiarias os concellos de Boborás, Cualedro, Larouco, Porqueira, Vilamarín e a mancomunidade de municipios da comarca de Verín.  

O Goberno provincial tamén aprobou a resolución do concursopúblico de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menor poboación, no marco do proxecto emprendOU. 

Te puede interesar