COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

''Conecta Ourense', retos urbanos compartidos cos alcaldes da área metropolitana

O proxecto ten un orzamento de 18 millóns de euros

O vicepresidente segundo da Deputación tivo hoxe unha reunión cos alcaldes do espazo metropolitano de Ourense para analizar a Estratexia Conecta Ourense, enmarcada no proxecto DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible) Conecta Ourense. É unha iniciativa que ten como retos conciliar o desenvolvemento industrial e a recuperación económica de espazos sostibles e con calidade ambiental, ademáis de impulsar estratexias que fomenten a mobilidade urbana e periurbana. 

Un proxecto que conta cun orzamento de 18.750.00 euros e polo que se solicitou unha subvención de 15 millóns de euros dos fondos FEDER da Unión Europea.

O proxecto márcase entre as súas prioridades xerar unha contorna urbana cohesionada, integrada e sen barreiras entre os municipios que conforman o espazo metropolitano, e estimular o uso das TIC's. Tamén se quere xerar un entramado económico e social forte entre a capital e os municipios limítrofes. 

Te puede interesar