A Deputación analiza o efecto das ordenanzas de teletraballo

O Comité de seguimento da covid na Deputación, presidida por Manuel Baltar, reuniuse onte de forma telemática para analizar o desenvolvemento que está a ter o novo escenario laboral dos entes dependentes do goberno provincial desde a entrada en vigor da nova ordenanza de teletraballo; ademais de todo o que atinxe aos servizos que se prestan a concellos e veciñanza, dentro desta terceira vaga da pandemia. 

Por outra banda, no apartado de cooperación, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou para o Concello de Arnoia unha axuda de 12.679 euros destinada a Arnoia Thermal Sports, correspondente ao ano 2021. 

Ademais, o Concello de Cortegada recibirá unha axuda de 11.157 euros para o cofinanciamento IDAE 2020 do proxecto de rehabilitación enerxética do Centro Social Municipal. Neste mesmo sentido, na reunión aprobouse unha axuda de 6.534 euros para o Concello de Riós, grazas á cofinanciación IDAE 2020 dun proxecto de instalación solar fotovoltaica destinada á xeración de enerxía eléctrica para autoconsumo na piscina municipal. 

Por último, para a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda, aprobouse unha axuda de 60.000 euros co obxectivo de apoiar o programa de roza, traballos medioambientais e a prevención de incendios durante todo o ano. 

Te puede interesar