ECONOMÍA

A Deputación aprobou axudas para o turismo por 214.000 euros

As subvencións irán destinadas ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a oito concellos máis da provincia.

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as axudas para o Consorcio de Turismo Riberia Sacra por un importe de 25.000 euros, correspondentes ao exercicio do ano 2015. Tamén deu o visto bo ás subvencións concedidas aos concellos de Cenlle, Cortegada, Chandrexa de Queixa, Ourense, Padrenda, Porqueira, Vilar de Santos e Xunqueira de Espadañedo para os ámbitos de infraestructuras e cultura por un valor que ascende os 189.000 euros.

Asimesmo, aprobáronse as bases reguladoras das subvencións para actividades culturais e recreativas para o ano 2016. O goberno provincial destinará un total de 450.000 euros para a realización de festivais e exposicións así como para o fomento de actividades musicais e recreativas.

Te puede interesar