COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

Deputación e Defensa coordinan o seu traballo

Defensa subdel ene 17_result
photo_camera Gustavo Doncel e Manuel Baltar, durante o seu encontro no Pazo Provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao novo subdelegado de Defensa na provincia, Gustavo Doncel Paredes

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao novo subdelegado de Defensa na provincia, Gustavo Doncel Paredes, quen realizaba a súa primeira visita oficial á institución provincial. Na reunión, Baltar e Doncel trataron temas relativos ao labor do Exército na provincia de Ourense, en particular no que atinxe ao traballo de colaboración que ten realizado de apoio, vixilancia e prevención de incendios forestais, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense, e tamén falaron de aspectos relativos aos servizos que presta a Deputación nos concellos da provincia, segun informou a institución provincial.

Baltar desexoulle a Doncel os maiores éxitos nesta nova etapa profesional que vén de iniciar en Ourense e ofreceulle a máxima colaboración da institución provincial. Gustavo Doncel Paredes (Madrid, 1961) é coronel do Corpo Xeral do Exército de Terra. Tomou posesión do cargo de subdelegado de Defensa en Ourense o pasado mes de decembro, relevando ao capitán de navío Ramón Rey Vich.

Te puede interesar