A Deputación potencia a inserción laboral de traballadores de centros especiais de emprego

Sintaura contrato de colaboración entre a Deputación Ourense representada polo seu Presidente Manuel Baltar e polo Presidente de ASPAMADIS, Manuel Martí.
photo_camera Sintaura contrato de colaboración entre a Deputación Ourense representada polo seu Presidente Manuel Baltar e polo Presidente de ASPAMADIS, Manuel Martí.
Manuel Baltar asinou o primeiro contrato pertencente ao procedemento aberto para labores de mantemento e limpeza de áreas recreativas, adxudicado a Aspamadis, que se levará cabo en zonas verdes de Maceda 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou co presidente de Aspamadis S.L., Manuel Martín, acompañado pola secretaria xeral de Cegasal, Esther Blanco, o primeiro contrato pertencente ao procedemento aberto para a realización de labores de mantemento e limpeza de áreas recreativas, un contrato reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social ou empresas de inserción reguladas. De esta forma, a Deputación aposta pola inserción laboral de traballadores de centros especiais de emprego, “co obxectivo de defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, apoiar ás súas familias e promover a inserción laboral e social”, afirma Manuel Baltar. 

O presidente considera que o labor mediambiental encomendado “contará cunha realización profesional, cumprindo cos estándares de calidade esixidos pola administración provincial”. Neste sentido, Baltar considera que as administracións “debemos potenciar actividades que permitan o desenvolvemento laboral e social destes colectivos, e este tipo de contratos non só contribúe á formación senón tamén á integración e á normalización social”. 

O contrato asinado entre Deputación de Ourense e Aspamadis ten como finalidade a prestación do servizo para a realización de labores de mantemento da área recreativa de Maceda, dentro do cometido que ten a Deputación de realizar labores de xardinaría e mantemento do mobiliario e elementos construtivos das zonas verdes da súa propiedade ou titularidade, e tamén traballos froito da cooperación que o goberno provincial mantén cos concellos para mantemento e conservación medioambiental. 

No caso de Maceda, o traballo referido ás labores de xardinaría abranguerá un parque infantil e biosaudable, un estanque e estruturas en pedra e terra adaptadas para actividades en bicicleta, así como estruturas en madeira e metálicas como varandas en zonas de paseo, e labores de roza, retirada de follas e xestión de residuos

Te puede interesar