COMERCIO LOCAL

A Deputación liderará unha mesa de traballo para potenciar a castaña

Manuel Baltar visita con alcaldes e produtores os cultivos de castaña danados polo temporal_result
photo_camera Manuel Baltar visita con alcaldes e produtores os cultivos de castaña danados polo temporal

O presidente da Deputación visitou as explotacións afectadas polo temporal e tivo unha reunión con alcaldes de varios concellos e produtores de castaña en Riós

O presidente da Deputación de Ourense reuniuse cos alcaldes dos concellos de Riós, Castrelo do Val, A Mezquita e A Gudiña e con diversos produtores na casa consistorial de Riós para analizar os temas referidos ao presente e futuro da castaña. Baltar tamén visitou as explotacións afectadas polo temporal e acordou constituír unha mesa de traballo liderada pola Deputación de Ourense. 

O presidente do entre provincial afirmou que se potenciará o Centro Agroforestal "e prestaremos apoio técnico para avaliar os danos causados polo temporal na castaña e coordinar os traballos de limpeza de fincas". Tamén anunciou que se poñía "a disposición do consello regulador" para fortalecer o sector. 

Insistiu tamén en que solicitará ao Goberno a elección de Ourense-Riós para o Centro Nacional de Referencia do Castaño. 

Te puede interesar