OURENSE

A Deputación de Ourense e Asociación de empresarios do Polígono estudan novas iniciativas de cooperación

Yolanda López, Elías Mera, Manuel Baltar e José Enrique Rodríguez_result
photo_camera Yolanda López, Elías Mera, Manuel Baltar e José Enrique Rodríguez.

Entre as iniciativas de cooperación público-privada  destacan a análise das posibilidades do establecemento dunha zona franca, e a elaboración dun estudo económico sobre "O Polígono en cifras"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, acompañado do vicepresidente desta entidade, José Enrique Rodríguez, e da secretaria da asociación, Yolanda López. Na reunión, Baltar e Mera analizaron novas iniciativas de cooperación público-privada para desenvolver conxuntamente entre a institución provincial e a asociación de empresarios, entre as que figuran analizar as posibilidades do establecemento dunha zona franca, e a elaboración dun estudo económico sobre “O Polígono en cifras”.

Manuel Baltar destacou a “importante alianza de colaboración existente entre a Deputación de Ourense e a Asociación de empresarios do Polígono, que se traduce en cooperación, entre outros, nos ámbitos do emprendemento, a internacionalización de empresas ou mesmo na colaboración que a institución provincial presta ao polígono de San Cibrao das Viñas no ámbito das emerxencias e bombeiros”. 

Te puede interesar