RECONOCIMIENTO

A Deputación de Ourense e o seu presidente, líderes na rede de Twitter

Manuel Baltar lidera a comunicación en Twitter por diante dos seus homólogos das deputacións de Málaga, Alacante, Castellón e Guipúzcoa, nunha lista de 32 presidentes provinciais

A Deputación de Ourense e o seu presidente, Manuel Baltar, comezan o ano 2018 liderando novamente en España a comunicación na rede social Twitter, un liderado constante nos últimos meses. A institución provincial ocupa o primeiro posto, por diante de Valladolid, Xaén e Barcelona, nunha lista na que figuran 45 gobernos provinciais, na suma total de "Publicacións", "Porcentaxe de tweets propios", "Compromiso e relación cos usuarios desta rede social (engagement), e destacando nas cifras de impacto por habitante. 

Pola súa banda, Manuel Baltar lidera a comunicación en Twitter por diante dos seus homólogos das deputacións de Málaga, Alacante, Castellón e Guipúzcoa, nunha lista de 32 presidentes provinciais. 

Te puede interesar