cultura

A Deputación publicará cartas que Castelao enviou a Prada

stas cartas, unha trintena, sairán nunha publicación que é posible grazas á colaboración coa Fundación Castelao

A Deputación de Ourense publicará un volume de corrrespondencia que Castelao enviou a Rodolfo Prada. Así o anuncio Manuel Baltar durante o acto de recepción do cadro "A derradeira leición do mestre", de Alexandre Bóveda.

Estas cartas, unha trintena, sairán nunha publicación que é posible grazas á colaboración coa Fundación Castelao. "Son importantes testemuñas documentais remitidas polo xefe do galeguismo político, desde Valencia, Barcelona, a Unión Soviética, Nova York, California ou Cuba ao seu fiel e discreto amigo e correlixionario", anotou o presidente provincial.

O volume estará coordinado por Luis González Tosar. "Podo gabarme de ser a derradeira anduriña que trouxo as cartas da Galicia ideal. Cartas nas que se ve a grandeza de Galicia dun Casteleo que se viste de corpo enteiro. É correspondencia de bonhomía e irmandade entre dous homes, que nos ensinan o máis luminoso de Galicia, un compromiso de autenticidade e liberdade", afirmou Tosar. 

Te puede interesar