Ourense

A Deputación e a Xunta colaboran no Plan Director do Mosteiro de San Pedro de Rocas

O convenio asigna 360.000 euros para a redacción do Plan, así como para actuacións de conservación e restauración do ben patrimonial

O presidente da Deputación, Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuníronse este martes no Pazo Museo Otero Pedrayo para asinar un convenio de colaboración no que a Xunta de Galicia investirá preto de 360.000 euros para a redacción do Plan Director do Mosteiro de San Pedro de Rocas, así como en actuacións de conservación e restauración deste ben patrimonial.

Entre as actuacións previstas destaca a elaboración dun Plan Director que actúe como "unha folla de ruta", dixo Román Rodríguez- e determine o estado de conservación actual do ben, ademais de definir as liñas de actuacións futuras en canto a conservación e desenvolvemento.

O presidente do goberno provincial destacou que con esta nova alianza institucional “facemos realidade un dos compromisos recollidos no Plan de Mandato “Ourense 15-19”, no que figuraba unha actuación básica: a elaboración dun Plan Director para o Mosteiro San Pedro de Rocas, en Esgos, que é o lugar máis visitado da Ribeira Sacra”.

Pola súa parte, Manuel Baltar dixo que o investimento que realizará a institución autonómica neste ben patrimonial “servirá para poñer máis en valor ese monumento, un dos máis importantes de Galicia, e contribuirá a relanzar máis ese espazo do que nos sentimos especialmente orgullosos”.

Te puede interesar