SAÚDE

Días de teatro, deporte e xantar para os maiores en Ourense

Tai-Chi e cachibol deron comezo a unha nova edición da Semana dos Maiores 

A Semana dos Maiores, organizada polo Concello de Ourense, comezou onte á mañá cunha sesión de tai-chi ao aire libre no Xardín do Posío, á que seguiu unha pachanga de cachibol, que comezou ás 11,30 horas. Estas son só algunhas das actividades que o Concello ten preparadas para esta semana, coa que pretenden animar ás persoas da terceira idade a manterse en forma e estimular as súas relacións sociais con actividades deportivas, lúdicas e culturais.

Unha das citas con máis sona desta edición é a obra de teatro "Atraco ás tres", do grupo Aturuxo, que se representará no Auditorio Municipal mañá ás 20,00 horas. 

A xuntanza á hora do xantar será o xoves no restaurante A Carballeira de Santa Cruz, a partir das 14,30 horas, cunha sobremesa musical para os asistentes, que deberán facer unha reserva previa se desexan asistir á comida. A Semana dos Maiores rematará este venres cun recital de corais no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, coa actuación da Coral Gaudeamus e da Coral Albor, a partir das 20,30 horas, con entrada libre.

Te puede interesar