ENTREVISTA

Dieter Moure: “No BIC da Ribeira Sacra faltan monumentos, non se pode esgazar a historia"

Ourense. 19-02-2016. Encuentro de Dieter Moure con el alcalde. Paz
photo_camera Antonio Dieter Moure, presidende de O Sorriso de Daniel.

O Sorriso de Daniel aposta dende a súa creación, no 2010, pola importancia da arte románica en Galicia

Tal e como explica o seu presidente, Antonio Dieter Moure (Ourense, 1951), o seu capital é "pequeno", pero non así as súas ganas de organizar actividades e achegar esta "xoia propia" a todos os galegos. Este mediodía recibirán no Mosteiro de Montederramo o premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural 2018 pola súa tarefa de divulgación. Na previa do acto, que se celebra por primeira vez fóra de Santiago, no Mosteiro de Montederramo, e na que tamén se recoñecerá o traballo do Festival de Cans, Antón Santamarina ou o grupo A Roda, Dieter recoñece que aínda se pregunta si "nos merecemos" este galardón. 

Cal é o motor do Sorriso de Daniel?

A difusión e a defensa do patrimonio románico galego. Pretendemos que a sociedade galega tome conciencia do noso e que o coñeza ben. A única forma de que o estime, o defende e o ame é que sepa o valor que ten. 

Hoxe en día, a sociedade valora o patrimonio?

Falta moitísimo. A sociedade, por descoñecemento, non valora o que ten. Estiman as súas igrexas pero non coñecen o valor que teñen. Isto é como o roubo do Códice Calixtino, eu dixen que me parecía ben no seu momento, porque puxo en coñecemento o valor que ten na sociedade galega. 

É posible mudar a situación?

Nós somos unha sociedade pequenísima, pero tratamos de facer algunhas actividades para que a xente se acerque ao patrimonio. É unha gota no oceáno, pero moitas gotas e moitos anos chega un momento que se fai un charco. 

Que supón para unha asociación pequena este premio?

Non deixa de ser un recoñecemento importante claro, pero nós ata nos plantexamos se nolo merecemos. Traballamos á marxe das marxes, non pedimos subvencións nin nada e non estamos de acordo coa liña da política da cultura galega. Somos moi ricos en canto a querer facer cousas, pero con poucos recursos. 

O Sorriso denunciou a falta de varios monumentos no documento de incoación do BIC da Ribeira Sacra realizado pola Xunta. 

Todo o que non sexa o Pórtico da Gloria hai que excluílo porque iso é a cume do románico? Non. A Ribeira Sacra non se chama así porque haxa moito viño, senón porque había moito convento dúplice. É a concentración máis importante de Europa. Non podes deixar iso fóra, que é o que lle da nome ao sitio, senon que lle poñan a Ribeira das bodegas.

Que suporía esa ausencia?

A historia do románico está escrito en libros de Galicia, non podemos esgazar algunhas páxinas. Nós pretendemos que se complete porque si o declaran Patrimonio da Humanidade, haberá fondos para mantelas, e algunhas quedaríanse fóra. Non ten sentido ningún. Este é un dos motores desta zona e estamos nunha provincia na que temos un grave problema de despoboación. Hai zonas de España, xa non che digo de Francia ou Irlanda, que dinamizaron as zonas con este tipo de cousas.
Por que non copiamos esas cousas.

Cales poderían ser as razóns detrás desa decisión da Xunta?

Eu non quero crer que sexa por descoñecemento, porque hai xente aí que ten que ter uns coñecementos. Non o sei, pero parece que non hai vontade. Pero Ourense e Lugo, despois de Palencia, son as provincias máis importantes do románico en toda España. Si o somos e se ao que nos está dando un sentidiño excluímolo... 

Te puede interesar