A Diocese de Ourense reestrutura os seus arciprestados e redúceos de 28 a 12

A Diocese de Ourense reestruturará os seus arciprestados, que pasarán dos 28 actuais a 12, segundo o acordado este mércores na reunión do Bispo co Consello Presbiteral.
Así, os 12 novos arciprestados, coincidindo coas zonas de traballo pastoral, serán os de O Carballiño, Ribadavia, Allariz, Celanova, Baixa Limia, Verín, Os Milagres, Ourense Norte, Ourense Sur, Ourense Este e Ourense Oeste.

Esta reestruturación vai encamiñada a ofrecer un mellor servizo pastoral aos fieis, tal e como formulaba o bispo, monseñor Leonardo Lemos, na súa primeira carta pastoral, así como a favorecer a colaboración solidaria e o aforro de medios e persoal.

Te puede interesar