Universidad

Dous alumnos da UVigo, á fronte de colectivos de Educación

Dous estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra sitúanse á fronte das súas asociacións estatais de alumnado dos seus respectivos ámbitos. Por unha banda, o alumno do grao en Educación Primaria David Álvarez foi elixido novo presidente da Asociación Nacional de Estudiantes de Educación y Formación del Profesorado (Cesed), converténdose no primeiro representante da Universidade de Vigo á fronte desta organización. Así mesmo, nas últimas semanas a Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividade Física y del Deporte (Anecafyde) elixía como nova presidenta á alumna do campus Isabel Noya, que se convertía deste xeito na segunda representante da UVigo en presidir desta asemblea.

David Álvarez afronta o mandato da Cesed, integrada por representantes de 32 universidades españolas con "gañas de traballar por un obxectivo común, que é loitar por unha mellora da nosa formación e defender o futuro da nosa profesión". Do mesmo xeito, Noya presedirá Anecafyde, composta por 43 universidades españolas, coa "misión principal de loitar por mellorar a saúde das persoas a través do deporte, ademais de loitar polos dereitos dos estudantes e profesionais do noso ámbito", salienta. Ámbolos dous pertencen á delegación de estudantes da facultade.

Te puede interesar