EDUCACIÓN

Dous biólogos vigueses para a cadeira de Salustiano

FotoJet
photo_camera Pachi Reigosa y Emilio Fernández.

Máis de 20.200 membros da comunidade universitaria están chamados ás urnas o 23 de abril para escoller, entre Emilio Fernández e Pachi Reigosa, ó sucesor de Salustiano Mato

A Universidade de Vigo porá nas próximas semanas fin a unha etapa de oito anos con Salustiano Mato como rector e todos os ollos da comunidade universitaria poñen xa os seus ollos no 23 de abril, data na que se celebrarán os comicios para escoller o novo máximo responsable da institución, un cargo ó que por agora optan dúas candidaturas, a diferenza do que sucedeu en 2014, cando só Mato concurriu ó proceso electoral. Veranse nas urnas, curiosamente, dous biólogos.

O primeiro en dar o paso foi o profesor e investigador Manuel "Pachi" Reigosa, ó fronte do proxecto H2040, que actuou como principal oposición do actual grupo de goberno durante os últimos anos e que está ligado á institución desde antes da súa creación, moi activo en cuestións organizativas e tarefas de política universitaria.

Por outra banda, á cabeza da iniciativa "Ideas que suman" sitúase o director do Campus de Mar de Vigo, Emilio Fernández, que dá o paso tras aglutinar no seu colectivo a tres antigos reitores como son José Antonio Rodríguez, Domingo Docampo e Alberto Gago, e a representantes doutros grupos que actuaron como oposición dos últimos gobernos. Apela, por tanto, a integración e a un proxecto de suma.

Entre os retos que lle esperan ó vencedor do proceso (ó que todavía poderían concurrir máis aspirantes, xa que o prazo para postularse péchase o próximo xoves), moitos chegarán desde Ourense, que espera polo pulo definitivo á especialización do Campus da Mar, pendente de que se complete a súa dotación do novo edificio construido para que estea operativo o vindeiro curso, xa que debe ser un empuxe moi importante para a investigación.

Non menos importante será o trato á titulación "estrela" do Campus, Enxeñería Aeroespacial, na que xurdiron varios problemas nos últimos meses relacionados coa docencia, ó non dispoñer de profesores especialistas en certas materias.

Tanto Reigosa como Fernández destacan a boa saúde do Campus ourensán e comprométense a seguir empuxándoo, destacando neste sentido o traballo realizado polo vicerrector Virxilio Rodríguez, ó que se puido ver na presentación de Emilio Fernández, brindándolle o seu apoio neste proceso electoral.

Censo

Un total de 20.269 membros da Universidade de Vigo poderán exercer o seu dereito ó voto, tal e como reflexa o censo definitivo aprobado esta mesma semana, que especifica que case 18.000 son estudantes. O resto son 939 profesores doctor con vinculación permanente, 713 docentes e persoal investigador sen vinculación permanente e 768 integrantes do persoal de administración e servizos. 

Te puede interesar