MAIOS 2018

O ecobarrio pontino e as pensións, de copla en copla

Ourense 6/5/18
Festa dos maios ,exposición rúa do paseo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Miles de ourensás achegáronse ata a rúa do Paseo para observar as creacións deste ano e escoitar as coplas.

Os nenos do CEIP As Mercedes e o grupo da Ronda da Auriense gañaron os premios ás mellores coplas desta edición

O devir da cidade sempre marca o enxeño dos coplistas da cidade, pero este ano houbo queixas, críticas e cantes para tódolos gustos e tódalas "fronteiras".

"Imos falar de política outro tanto, para que non sexa só das leiras e dos campos. O señor Puigdemont que sempre é noticia quere gobernar e anda na xustiza. Dende Bruxelas manda recados. Para que os amigos fagan os mandados. Iste pobre home é un catalán, fuxindo para fóra como un cagallán. Corre Puigdemont, corre Puigdemont! Vas dun lado para outro e nin pides perdón", cantaban nas súas coplas os maiores da residencia San Xosé, que xunto ao seu apeiro de labranza amenizaron a rúa coa música popular coma complemento.

"Este ano cantámolles ás pensións, á cuestión de xénero...", explica Yolanda de Pliego, do colectivo A Casa Negra. "Corren malos tempos, nun pote do Carballiño acabarán os meus lamentos", le na  copla.

"Neste noso lar, berce de pensionistas, móvense as familias, para pedir subidas. Para pedir subidas aumentos nas pensións, para poder comer tranquilos sen moita rebelión. Sen moita rebelión, os da ilicitación, chega a intermodal a estación renovar novas e a correr, porque xa temos pistas para o Expourense encher. Para o Expourense encher e tamén presumir, chega o ecobarrio á ponte rexurdir", luciron as coplas os nenos e maiores da asociación cultural Os Lolailos.

Houbo moito oco para a política local e para as novas infraestruturas planteadas na cidade, pero os gañadores so puideron ser dous.

As mellores coplas

Nesta edición da Festa dos Maios 2018, o xurado de expertos valorou aos mellores coplistas, facendo fincapé tamén na gran participación dos pequenos e pedindo que se aumenten as categorías para este público infantil, sen o que a festa non tería o mesmo sentido.

Así, o premio ás mellores coplas levouno "A ronda da Auriense", cunha composición do mesmo título que a entidade. O grupo gañou 200 euros, un premio que non é a primeira vez que acadan. Os nenos que gañaron o premio ás mellores coplas infantís foron os do CEIP As Mercedes, a través da súa ANPA Pía da Casca. "Nós e pingadas", a súa copla. 

Te puede interesar