Un premio de mulleres para dúas creadoras

17.07.15.OURENSE.DIPUTACION.SALON.PLENARIO.PREMIOS.LITERATURA.PURA.DORA.VAZQUEZ.
photo_camera Patricia Román e Eli Ríos, coa obra galardoada. (MARCOS ATRIO)

Eli Ríos recibiu o galardón de narrativa pola súa historia "Bicha"

De dúas mulleres para dúas mulleres. Eso foi onte a entrega do premio Pura e Dora Vázquez, que convoca a Deputación de Ourense dende fai 12 anos, número que foi destacado polo presidente, Manuel Baltar, sinalando que "é un número importante, 12 foron os apóstoles, 12 os homes da mesa redonda". Eli Ríos recibiu o galardón de narrativa pola súa historia "Bicha". Suliñou que "a Deputación sostén un premio que nos da visibilidade ás mulleres. A narrativa de Bicha vai botar abaixo os prexuizos sobre a literatura infantil e a invisibilidade femenina".

Pola súa banda, a gañadora do premio de Ilustración, Patricia Román, de Cidade Real e que gaña por segundo ano consecutivo, quixo falar en galego e destacou a "dificultade de facer un traballo para preadolescentes. Para facer estas ilustracións tiven que coñecer primeiro os gustos e a maneira de comunicar destes xóvenes".

Manuel Baltar lanzou a idea de distribuir o libro gañador polos centros educativos da provincia.

Te puede interesar