distinción

Elixio Rivas, Medalla de Ouro da Provincia

O ourensán destaca polas súas investigacións, que constitúen o maior traballo referido á cultural material da historia galega

A Deputación de Ourense entregou este luns a Medalla de Ouro da Provincia ao profesor, etnógrafo, sacerdote e lingüista Elixio Rivas (A Abelenda, Xunqueira de Ambía, 1925).

Unha distinción coa que premiar o traballo de Rivas, cuxas investigacións constitúen o maior volume de léxico referido á cultura material de toda a historia de Galicia. Ademais, este ourensán tamén traballou nos campos da onomástica, a etimoloxía e a etnolingüística.

No acto de entrega participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Te puede interesar