Un emotivo último adeus ao “humilde” Elixio Rivas

photo_camera El Santuario de Os Milagros acogió el funeral de Elixio Rivas
Ducias de persoas asistiron onte ao funeral de Elixio Rivas no santuario da Nosa Señora dos Milagres. Un acto emotivo na que non faltaron moitos dos que tiveron trato nalgún momento co humanista e misioneiro, do que destacaron a súa “humildade”.


O santuario da Nosa Señora dos Milagres de Baños de Molgas acolleu onte o emotivo funeral do misioneiro e humanista Elixio Rivas. Moitos veciños que tiveran trato cunha das figuras máis senlleiras da cultura galega asistiron a unha homenaxe que, como se escoitou durante o funeral, “ten moito máis ca merecido por todo o que fixo en vida”. Rivas finou o sábado en Salamanca aos 97 anos.

Todos os presentes coincidiron no “merecido descanso eterno” de Rivas, un home “humilde que o fixo todo en vida” e por iso foi recoñecido en numerosas ocasións (ten, entre outros premios, a Medalla Castelao, a Medalla de Ouro da provincia ou o Premio Otero Pedrayo) por múltiples institucións. A cerimonia foi “perfectamente conducida polos sacerdotes” e o encargado das lecturas fixo delas “algo especial” para dar un emotivo último adeus ao irmán Rivas.

Entre os asistentes ao funeral, estiveron en lugar destacado varios integrantes da asociación Amigos da Vía da Plata, ruta xacobea que impulsou de forma moi importante, tanto que se lle coñecía como o “redescubridor” deste itinerario de peregrinación a Santiago de Compostela. Asistiron tamén representantes políticos, entre eles dos concellos da comarca a que adicou boa parte os seus estudos, como o alcalde de Xunqueira de Ambía, de onde era orixinario, José Luis Gavilanes;  a rexedora de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente de alcalde de Pereiro, Manuel Doval, quen tivo moito trato co erudito cando foi deputado provincial de Cultura; o primeiro edil de Esgos, Mario Rodríguez, que tratou con el na xestión dos fondos europeos Leader nos anos 90.

Te puede interesar