As 95 empresas do Parque Tecnolóxico suman 2.519 traballadores

O emprego creceu o 40% na Tecnópole no 2009

Imaxe xeral do Parque Tecnolóxico de Galicia, con el edificio del CEI al fondo. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O Parque Tecnolóxico de Galicia experimentou en 2009 o seu maior índice de creación de emprego dos últimos anos, segundo se desprende do balance económico presentado onte aos membros do Consello de Administración da entidade durante a reunión que mantiveron na sede da Tecnópole.
Ao remate do pasado exercicio as 95 empresas e centros tecnolóxicos que forman parte da Tecnópole sumaban, xunto coa sociedade xestora da entidade, un total de 2.519 empregados, o que supón un incremento do 40% sobre o ano anterior, que pechaba con 1.800 traballadores.
Este aumento debeuse especialmente á posta en marcha do novo espazo de emprendemento no edificio Tecnópole I, ­ que en seis meses de funcionamiento acadou un 56% de ocupación e o inicio de novas actividades empresariais tanto en parcelas como en oficinas en réxime de aluguer.

Durante a reunión do máximo órgano de decisión da Tecnópole, presidida polo director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, informouse de que os ingresos xerados á marxe da subvención corrente da Xunta durante o exercicio 2009 superaron por segunda vez consecutiva o millón de euros.

INGRESOS

Do total de ingresos, 881.000 euros corresponden á facturación por alugueres e servizos prestados, o que supón un incremento de case o 25% sobre o ano anterior, e máis de 221.000 euros a proxectos realizados.
Estas cifras fixeron posible que Tecnópole superase en 2009 a barreira do 50% en autonomía financeira. O aumento dos ingresos conseguidos por servizos, alugueres e proxectos permitiu reducir por terceiro ano consecutivo o ratio de ingresos sobre subvencións.

A subvención da Consellería de Economía para o financiamento da xestión corrente reduciuse en 2009 nun 12 por cento, pasando dos 800 mil euros de 2008 a 700 mil o ano pasado, o que supuxo unha distribución dos ingresos totais na que os servizos prestados e os proxectos pesaron un 56 por cento máis e a subvención un 36 por cento, correspondendo o oito por cento restante a conceptos financieiros.

Te puede interesar