'Encontros cos Axóuxeres' en Carballiño, Verín, Xinzo e A Merca

Os pequenos de Xinzo de Limia, Verín, A Merca e O Carballiño serán os anfitrións dos 'Encontros dos Axóuxeres' organizados por Cultura e Educación e que finalizan esta fin de semana. Os últimos catro pases terán lugar entre hoxe e mañá: o sábado en Xinzo de Limia, cunha sesión no salón de plenos do Concello ás 12,00 horas, e mais en Verín ás 18,30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura; o domingo na Merca, ás 12,00 horas na Casa da Cultura, e mais no Carballiño, ás 18,30 horas no Auditorio Municipal.
Logo de percorrer 40 municipios galegos, os encontros teatrais e dixitais dos Axóuxeres despídense dos nenos, que poderán seguir as súas andanzas na serie de televisión homónima que emite diariamente a segunda canle da televisión pública de Galicia (TVG2). Desde o mes de outubro e durante sete fins de semana sucesivas, os Encontros dos Axóuxeres despregáronse para dinamizar o uso do galego na familia empregando a música e os xogos para fomentaren a transmisión interxeracional da lingua galega.

Os Encontros teatrais, destinados a cativos de cero a tres anos, percorreron 20 concellos, coa presenza en vivo de Iria, Xan, Pelouro e R01. As súas cancións e bailes puidéronse contemplar na Coruña, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Santiago de Compostela, Ferrol, Ames, Arteixo, Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Ribeira, Ponteareas, Cangas, Marín, A Estrada, Teo, Tui, Boiro, Baiona, O Barco de Valdeorras e Cee.

Te puede interesar