OURENSE

Enfróntase a 14 anos de prisión por intentar matar un home da Teixeira

Ademáis da petición de cárcere, a fiscalía solicita para o acusado que indemnice á vítima con 84.000 euros

Un home, acusado dun delito de tentativa de asasinato, enfróntase a unha pena de 14 anos de prisión por, supostamente, asestar varias puñaladas a un veciño da mesma localidade, na Teixeira, en novembro de 2010.

En concreto, a Audiencia provincial de Ourense reservou mañá e pasado para o xuízo contra o acusado Antonio Diéguez, veciño de Abeleda, na Teixeira, a quen se lle acusa de intentar matar a un viticultor o 21 de novembro de 2010.

Segundo recolle o escrito da acusación pública, acusado e vítima "increpáranse mutuamente ao cruzarse nun camiño".

Os feitos sucederon na localidade de Nogueira, Abeleda, en novembro de 2010.

Ademáis da petición de cárcere, a fiscalía solicita para o acusado que indemnice á vítima con 84.000 euros, e con 6.750 ao Sergas. Procede do Xulgado nº1 da Pobra de Trives.

Tanto o agredido, de 56 anos, coma o agresor, de 48, ambos os dous naturais deste concello, mantiveran algún enfrontamento previo, tal e como sinalaron entón fontes da investigación.

A causa das lesións, a vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) en estado grave e o agresor foi detido.

Te puede interesar