OCIO E CULTURA

As entradas para a gala benéfica contra o cancro xa están á venda

Presentará Rubén Riós e contará coa actuación de Xosé Manuel Budiño e do cómico Pepo Suevos.

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro 11 de decembro unha nova edición da Gala contra o cancro, un evento organizado pola Asociación Cultural Xuvenil As Canellas de Seixalbo e a produtora Claqueta Coqueta. Este ano, a gala estará presentada por Rubén Riós e contará coa actuación musical do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e do cómico Pepo Suevos. O cartel inclúe tamén as artistas Laura Novoa, Paula de Arzoá e a Escola de Baile Sabrosura.

As entradas xa están a venda por un prezo de cinco euros en diferentes establecementos da cidade así como na Asociación Española contra o Cancro, sita na rúa Curros Enríquez ou no despacho de voluntariados AECC do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A recaudación irá destinada a asociación, que o ano pasado recolectou 7.000 euros.

O evento vai xa pola súa terceira edición, tras dous anos de actuacións como a do compositor ourensán Daniel de Minimalia ou Susana Seivane, entre outros.

Te puede interesar