Entrimo retomará en agosto as xornadas arraianas de cine rural

O Concello de Entrimo, Arraianos Produccións e o Colectivo Arraianos desenvolverán las IV Xornadas de Cine Rural de Entrimo, que se celebrarán os días 7 e 8 de agosto. O programa previsto destaca que para a xornada de inauguración está previsto o acto de benvida ás 22:30 horas, para a continuación pasar xa primeira proxección de cine ao aire libre na Alameda da Terrachán. Será a estrea internacional das curtametraxes documentais "Olelas / O Ribeiro. A rota das concertinas", "A malhada do centeio de Pitoês das Junias" e un filme sorpresa, segundo a organización.
Para o sábado está previsto ás 12 horas un paseo en burro pola Alameda da Terrachán de Entrimo e un acto de nomeamento Arraiano Maior 2020, coa entrega da aguillada arraiana por parte de Xurxo Souto á súa sucesora,Manuela Ribeiro, no salón de actos da Casa do Concello.

Pola tarde ás 20 horas terá lugar a sesión de narración oral de Celso Fernández Sanmartín na Alameda. Por outra banda, ás 22:30 horas a organización do evento porá en marcha un espectáculo musical e audiovisual que se titula "Carvalho Calero sen fronteiras" e sesión de cine ao aire libre na Alameda da Terrachán.

Por último, a edición deste ano das IV Xornadas Arraianas de Cine Rural pechará a súa programación ás 23:30 horas. 

Te puede interesar