FITUR

O Entroido, o termalismo e a Vuelta a España, activos ourensáns en Fitur

635888987974675910w
photo_camera Vista del pabellón de Galicia, en la inauguración hoy de la trigesimosexta edición de la feria internacional de turismo Fitur, en Madrid. (PIERGIOVANNI)

O Camiño Mozárabe é outro dos atractivos que presenta Ourense na Feira Internacional de Turismo

Ourense amósase no escaparate da Feira Internacional de Turismo Fitur, que comezou hoxe en Madrid, cunha oferta que destaca as grandes potencialidades turísticas da cidade: a auga, o patrimonio artístico e a gastronomía, pero facendo especial incidencia no seu posicionamento na Vía da Prata – Camiño Mozárabe e, igualmente, amosando as singularidades da provincia como capital do Entroido galego.

Ourense concorre así potenciando a presenza da cidade e provincia na ruta xacobea do Camiño Mozárabe – Vía da Prata dentro do Ano Xubilar 2016. O pulo ao turismo de peregrinación será unha das claves deste ano, ao que se chega cun Plan Director do Camiño elaborado pola Axencia de Turismo de Galicia, e que establece unha folla de ruta a seguir ao longo do ano.

Outro dos puntais da oferta de Ourense en Fitur será o Entroido, unha festividade esencialmente de rúa. A Volta a España, que terá en Ourense o seu punto de saída -a segunda etapa sairá desde Outariz-, foi outra das presentacións as que asistiu a delegación ourensá en Fitur.

Gastronomía e termalismo

O Concello de Ourense tamén participou hoxe na presentación do Salón Gastronómico 'Xantar', que se celebra en Ourense do 3 ao 7 de febreiro. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou que “acudimos a Xantar abandeirando un dos nosos maiores atractivos: #SaboresdeOurense, marca coa que queremos amosarlle ao mundo a calidade das nosas materias primas e a excelencia das elaboracións culinarias”.

Este xoves será a quenda da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar 'Termatalia' (Coahuila, México, do 29 de setembro ao 1 de outubro), á que o Concello acudirá coa marca Capital Termal.

Te puede interesar