ENTROIDO CAMPOBECERROS

Enxebre celebración no tradicional sábado de Entroido en Campobecerros

CASTRELO DO VAL (CAMPOBECERROS). 10/02/2018. OURENSE. Entroido en Campobecerros con una reunión y comido de peliqueiros. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Los peliqueiros en el inicio de su salida por las calles.

Campobecerros viviu unha xornada de festa, ó ser o único pobo de Castrelo do Val que mantén viva a súa tradición máis carnavaleira

O Entroido de Campobecerros é o único que se conserva no Concello de Castrelo do Val fiel á tradición. Destaca pola presenza, como ocorre en Laza, das formigas, que se suman ás figuras dos peliqueiros, os parranfóns, a vaca e o cervo.

Todos estiveron presentes, un ano máis, na tarde de onte.

O xantar, previsto para as dúas da tarde cun menú a base de cocido e empanada, estivo precedido do desfile polas rúas do pobo.

Xa co estómago agradecido polo ágape que tiña un custe de dez euros, de novo percorrido pola vila da montaña do Concello de Castrelo do Val, desta con reparto de formigas e cinza, sen que se botase de menos o bo licor café, como é tradicional sobre todo en días nos que o frío fai acto de presenza de xeito máis que notable.

Te puede interesar