Ourense

Seis equipos de novos creadores acaban a rodaxe para Fas Muvis

Ourense

OUFF

Seis equipos de novos creadores acaban a rodaxe para Fas Muvis

Unha gravación, este domingo.
photo_cameraUnha gravación, este domingo.
A obra final deberá estar entregada antes das 20,00 horas do xoves 1 de outubro e os gañadores coñeceranse na gala de clausura do OUFF, o 3 de outubro.

Os seis equipos do concurso Fas Muvis, cuxo obxectivo é promover o talento novo, remataron este domingo a gravación das súas pezas audiovisuais. A mecánica do certame, ao que se presentaron unha vintena de proxectos, é a rodaxe dun proxecto durante 48 horas en localizacións da provincia. Agora, os participantes teñen 96 horas para facer todo o proceso de montaxe. A obra final deberá estar entregada antes das 20,00 horas do xoves 1 de outubro e os gañadores coñeceranse na gala de clausura do OUFF, o 3 de outubro.

Os grupos seleccionados son Auria Última Noite, A Gran Pantalla, Bagagem, O Panexírico de Narciso, Lémbrame e A Memoria Activa. "Todos eles son promesas do audiovisual do país, procedentes de diferentes zonas de Galicia", destacan desde a organización do Ourense Film Festival. Avaliados por un xurado profesional, optarán a un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 200.