IGUALDADE

'O partido', unha curta contra a violencia de xénero feita polos escolares ourensáns

A cidade convertiráse este fin de semana no escenario da rodaxe de unha curtametraxe que busca "fomentar unha relación igualitaria dende o período escolar"

Escolares ourensáns e ourensás rodarán este fin de semana unha curta coa que buscarán crear debate sobre a violencia de xénero e fomentar relacións igualitarias dende o período escolar. Para iso, a cidade será o plató da rodaxe de 'O partido'. a curtametraxe que está promovida pola Concellería de Igualdade do Concello. 

A historia, que será rodada na súa gran maioría no IES As Lagoas, combina elementos reais con ficción e transcorre durante un partido de fútbol no instituto. Nese encontro veremos dous equipos mixtos que permitirá ver diferentes comportamentos e tamén poderemos coñecer as opinións dos siareiros. 

O primer pase da curtametraxe será o 25 de novembro, con motivo do Día contra a violencia de xénero. 

Te puede interesar